I Edición do Máster en Industria Musical

INICIO

A VISIÓN ATLÁNTICA DA INDUSTRIA MUSICAL DESDE O EXTREMO OCCIDENTAL MÁIS PRÓXIMO Ó CONTINENTE AMERICANO: O FINISTERRAE GALEGO

O Máster en Industria Musical da USC nace en Galicia con vocación atlántica.
Este Máster quere superar unha visión tradicionalmente miope e localista para formar os profesionais dunha nova Industria Musical de marcado carácter atlántico.

Como ponte natural entre os dous continentes, debemos servir para que España e Portugal desenvolvan unha industria común con América do Sur. Galicia é o mellor interlocutor para facer negocios en castelán e en galego/portugués. As nosas raíces son un activo de primeiro nivel nun mercado globalizado e a comunidade galega de alén mar é o noso mellor aliado para crear sinerxías.
A nosa industria será forte e consolidada se somos capaces de xerar autoría e mercado de forma bidireccional e este Máster dá un paso decidido nesa dirección.

O Máster en Industria Musical, que se presentou o 4 de xullo en Cambados, é o primeiro programa de posgrao deste tipo en Galicia. Con el, a USC quere capacitar os alumnos egresados para desenvolver unha carreira dentro da industria musical. O programa académico do máster está deseñado de xeito versátil para atender os principais ámbitos profesionais e artísticos do sector.

As áreas estética, sonora, loxística, tecnolóxica, de produción e comercialización da industria musical actual están presentes no máster. Con este amplo abano de contidos formaremos unha nova xeración de profesionais e investigadores capacitados para xerar activos capaces de crear valor engadido e xestionar os diferentes subsectores da industria musical e da música popular contemporánea do novo século.

O Máster en Industria Musical (creación, autoría, interpretación, produción e mercado) é un título propio da USC.

Este programa de posgrao resulta idóneo para titulados en CC da Información, Comunicación Audiovisual, Belas Artes, Historia da Arte e CC Económicas e Empresariais, entre outras. Os licenciados ou graduados en conservatorios superiores de música teñen tamén neste máster unha atractiva proposta académica con saídas profesionais na industria musical, así como a docencia e a investigación en música popular contemporánea, dentro da área internacionalmente coñecida como popular music studies.

O dobre aspecto presencial e online do Máster inclúe a utilización de ferramentas e tecnoloxías para ofrecer conferencias exclusivas e contactos con personalidades de todo o mundo e potenciará o aspecto colaborativo.

Experimento de latencia cero
Tecnoloxía

Ademais do negocio musical, o Máster atende tamén a formación sobre as tecnoloxías máis avanzadas relacionadas coa produción musical, así como os aspectos visual e multimedia da creación artística e a promoción.

As prácticas nos estudios de gravación da propia facultade e as saídas de campo incentivarán os alumnos para desenvolver proxectos e maquetas que lles sirvan como portfolio das súas habilidades.

A docencia e titoría de creadores de prestixio, tanto na composición de melodías como na escritura de letras, servirá para potenciar as capacidades artísticas dos alumnos e o seu talento para compoñer pezas musicais para diferentes xéneros, estilos e plataformas.

Creatividade

Desde o Máster en Industria Musical da USC, profesores e profesionais buscamos que aflore a mellor creatividade e axudar a formar a quen ten que darlle saída. Como pensamos que o talento non se pode ensinar senón estimular, contamos coas mellores ferramentas técnicas e artísticas, xunto cun grupo de profesionais de referencia.

Se tes un perfil máis creativo, as master sessions destes profesionais achegaranche novas experiencias e visións que estimularán o teu propio universo creador. Se a túa é a opción máis estritamente de negocios e industrial, queremos que te convirtas nun xestor e produtor de carreiras musicais con coñecementos transversais e unha visión clara dos aspectos relacionados coa xestión de calquera tipo de proxecto artístico/musical: marketing, economía, lexislación, promoción, produción, management, industria, captación de talento, xestión de carreiras e comercialización creativa.

MÓDULO DE NIVELACIÓN [6 Créditos]

1. MÓDULO INICIAL DE NIVELACIÓN
Tecnoloxía e rexistro musical básico
Notación e harmonía básicos
A industria musical I

MÓDULO DE EMPRESA [7,5 Créditos]

2. FUNDAMENTOS COMERCIAIS, FINANCIEIROS E LEGAIS DA INDUSTRIA MUSICAL
Marketing musical
Contabilidade, financiamento e mercado
Patrocinio e mecenado
Aspectos legais e xurídicos da industria musical
Estratexia e toma de decisións
Habilidades de xestión e negociación
Políticas culturais

MÓDULO DE PRODUCIÓN [7,5 Créditos]

3. A PRODUCIÓN MUSICAL. MODELOS E ÁMBITOS DE REFERENCIA.
Produción discográfica
Produción de xiras e concertos
Produción musical para medios audiovisuais
Novas propostas

MÓDULO TECNOLÓXICO [7,5 Créditos]

4. TECNOLOXÍA E TÉCNICAS AVANZADAS DE REXISTRO SONORO E MUSICAL
Plataformas DAW (Digitial Audio Workstation)
Técnicas de rexistro en estudio
Técnicas de sonorización en directo

MÓDULO DE COMUNICACIÓN [7,5 Créditos]

5. COMUNICACIÓN NA INDUSTRIA MUSICAL
Medios, soportes e redes
Publicidade e RR.PP.
Promoción e difusión de eventos
Habilidades directivas e de comunicación

MÓDULO DE AUTORÍA [7,5 Créditos]

6. AUTORÍA E XERACIÓN DE ACTIVOS MUSICAIS
Captación de talento
Articulación e consolidación de ideas e proxectos
Técnicas e referencias da creación de música e texto (songwriting)
Xestión de activos: autoría e dereitos
Xestión de equipos humanos

MÓDULO DE CARREIRA [7,5 Créditos]

7. XESTIÓN DA CARREIRA ARTÍSTICA NA INDUSTRIA MUSICAL
A Industria musical II
Management e desenvolvemento de artistas
A & R (Artistas e Repertorio)
Promotores e programadores de eventos
Ensaio e audición
Performance e posta en escena
Laboratorio de música contemporánea e novos formatos interdisciplinares

MÓDULO NETWORKING [6 Créditos]

8. MASTERCLASS / NETWORKING EN PRIMEIRA PERSOA
Artistas e creadores [pendentes de confirmación]
Especialistas: produtores, xestores, xornalistas e técnicos
Videoconferencias con profesionais e creadores nacionais e internacionais

MÓDULO DE PRÁCTICAS

Prácticas en Empresas [90 horas / 3 créditos]
Exercicios Específicos
Traballo Fin de Máster [TFM]

Staff de personal docente e Colaborador

 fandi

Xaime Fandiño

Músico, realizador de tv, docente da USC… a orde é o de menos.  Protagonizou a gran maioría dos eventos relacionados coa música e a tv en Galicia. É o creador e director deste Máster en Industria Musical.

 Philip_Tagg_in_June_2014

Philip Tagg

Musicólogo británico, escritor e profesor universitario, É cofundador da  International Association for the Study of Popular Music (IASPM)

 XABIER ALONSO  COMO ROSTRO DA  MEMORIA EN   ISLA ILLA DE SAN SIMON

Xabier Alonso

Avogado e especialista en propiedade intelectual. Domina os aspectos legais do negocio musical e a xestión dos mesmos.

 gonzalo-lopez

Gonzalo López

É responsable de management de artistas en Sony Music Spain.

 io_muro

Suso Ramallo

Técnico de son con extensa experiencia na súa carreira.

Podes mirar o que fai na súa web

 maria_yanez

María Yáñez

Comunicación multimedia.

Podes saber máis dela na súa web

 vitor_belho

Vítor Belho

Socio fundador da promotora Nordesía Produccións S.L. e socio fundador do local de música en directo Casa das Crechas.

 ambitos-comunicacion-autores-valentin-alejandro-martinez-fernandez

Valentín Alejandro Martínez

Profesor titular da Universidade da Coruña na área de Comercialización e Investigación de Mercados.

 Camera 360

Javier Abreu

Produtor musical, membro do equipo de investigación Canal Campus da Universidade de Santiago de Compostela.

 anton_losada

Antón Losada

Profesor titular de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela, doutor europeo en Dereito, máster en Xestión Pública pola UAB.

 nando_luaces_big_28023

Fernando Luaces

CEO DE Altafonte e Boa Music

 chechu perez

Chechu Pérez

Doutor, con mención europea, en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.

 cristina pato

Cristina Pato

Gaiteira, pianista, compositora e produtora.

Máis info en http://www.cristinapato.com/gl

 Fasero4

Juan Carlos Fasero

Director da Zona Noroeste da Sociedad General de Autores y Editores, SGAE (Galicia, Asturias e Cantabria)

Web: http://fasero.com

 cc6389cc808b32dcc36647a6

Ángel Escariz

Produtor Cultural en Produccion e Xestion Cultural S.L. e presidente da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

 nicasio_Gradaille

Nicasio Gradaille

Profesor de Piano no Conservatorio superior de Vigo.

Pianista e miembro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo.

Podes saber máis del na súa web.

 Maria_do_cebreiro

María do Cebreiro

É poeta, ensaísta e profesora de Teoría da Literatura e Literatura comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

 Oswaldo Garcia

Oswaldo García

É profesor a tempo completo da Facultade de Comunicación e Ciencias Sociais de Pontevedra, Universidade de Vigo, para as seguintes materias: Técnicas de edición dixital, Realización de ficción en cine e televisión e Produción e realización de novos formatos.

 Ramon_Pinheiro_web

 Ramón Pinheiro

Foi socio-fundador e director artístico de Ouvirmos S.L, a 1a empresa especializada en patrimonio musical galego, así como da distribuidora musical Lonxa cultural S.L. entre outros proxectos desta índole

 octavio_vazquez

 Octavio Vázquez

Músico, Compositor, arreglista de talla mundial…

 UXIA_web_

 Uxía

Cantante, compositora e produtora.

 BUDINO-SOTAQUE-comp-03

 Budiño

Músico, compositor y productor.

 Patri_Hermida

Patricia Hermida 

(MMF-Spain)  MMF Spain pertence á  organización International Music Managers Forum (IMMF)que integra ás principais asociacións de managers nacionais. 

 Julio_Gomez_Sinsal

Julio Gómez

Investigador sonoro, mente inquieta e amante da experimentación. Fundador da promotora Sinsal

 paul_daniel_rfg__large

 Paul Daniel

Director de orquestra británico.

 Narf_small

 Fran Pérez, Narf

Compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro.

 Iago Blanco

Iago Blanco

Produtor musical, técnico de son, batería profesional

 Lara Capeáns

Lara Capeáns

Realizadora audiovisual, fotógrafa

Saídas Profesionais deste Máster

20130425 BOYS E VACAS DSC00190

  • Responsable de xiras e concertos
  • Road Manager
  • Promotor / axente de eventos artísticos e musicais
  • Manager de bandas
  • Produtor Musical
  • Especialista en A&R (Artistas e Repertorio)
  • Intérprete
  • Compositor de pezas musicais
  • Letrista
  • Xestor de salas e institucións adicadas á música
  • Crítico / xornalista especializado en temas da industria musical
  • Editor musical
  • Investigador / docente no ámbito dos Popular Music Studies

Partners

 boa_60_px

 Boa

 altafonte_60_px

Altafonte

 crtvg_60_px

Compañía de Radio Televisión de Galicia

 esmerarte_60_px

Esmerarte

 airapro

 Aira Pro Producións

 emsac_60_px

 Producciones Emsac

superbock_60_px

 Super Bock

 martincodax_60_px

  Bodegas Martín Códax

 O-Dezaseis_60_px

O Dezaseis

 Estudio_54_60_px

 Estudio 54

 casa_de_tolos_60_px

 Casa de Tolos

 NLogo solCP

 Nordesía

 logo base JPG

 Kachet

logo_exento_SGAE

 SGAE