A USC presenta o I Máster en Industria Musical este venres en Cambados

A convocatoria completa: venres, 4 de xullo, ás 12 do mediodía, nas bodegas Martín Códax de Cambados. A nova titulación comeza as clases en xaneiro de 2015 e está deseñada para capacitar os alumnos egresados para desenvolver a súa carreira profesional ou académica no eido da industria musical e a música popular contemporánea.

Á presentación asisten o vicerreitor de Coordinador e Comunicación da USC, Xosé Pereira; o director do master e profesor da USC, Xaime Fandiño; a artista Cristina Pato; o profesor de piano Nicasio Gradaille e o director da axencia Esmerarte, Joaquín Martinez (Kin).