Lara Capeáns

Lara CapeánsSon Licenciada en Comunicación Audiovisual, Máster en Dirección de Cine Documental e Máster en Xestión de Proxectos e Espazos Culturais. Completo a miña formación con cursos universitarios de Marketing Musical, Management e Xestión de Redes Sociais. Traballei como fotógrafa de prensa e tamén como directora de fotografía, operadora de cámara e editora en diversas produccións de ficción e documental. Actualmente adícome de cheo á dirección, realización e montaxe de proxectos audiovisuais e fotográficos para artistas, ofrecendo unha visión e un estilo personais e moi coidados. Os meus videoclips foron seleccionados e nominados en numerosos festivais nacionais e internacionais.