Chechu Pérez

chechu perezDoutor, con mención europea, en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, Jesús Pérez Seoane é licenciado en Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde hai oito anos, é profesor a tempo completo no Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. Tamén foi profesor na Universidade Fernando Pessoa de Porto (Portugal) e estudou un máster en Planificación e Xestión de Medios Publicitarios na New Mexico State University dos Estados Unidos.

Colaborou con diversas axencias publicitarias e foi director de comunicación da Universidade de Vigo entre 2007 e 2010. Na actualidade é vicedecano de asuntos académicos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo e presidente da Asociación Profesional de Publicistas de Galicia Creatividade Galega.