Octavio Vázquez

octavio_vazquezA música de Octavio Vázquez ten soado por toda América, Europa e Asia, en salas coma o Carnegie Hall, a Philharmonie de Colonia, ou o Auditorio Nacional de España. Tamén escribe para cine e colabora con artistas multi-xénero como arranxador, orquestrador e produtor, máis notabelmente con Cristina Pato, con quen foi nomeado na XV Edición dos Premios da Academia da Música pola súa orquestración de “Negro Caravel” para o CD “Muller”. O seu catálogo inclúe máis de cincuenta títulos, todos eles publicados polo Conwell Publishing Group de Nova York, e rexistrados por discográficas como Naxos, Marquis Classics, Chrystal Records, Gale Recordings, Ouvirmos, Fol Música, ou Bohemia Music.

Intérpretes destacados das súas obras inclúen mestres como Carlos Kalmar, Dima Slobodeniouk, Víctor Pablo Pérez, Paul Daniel, ou Maximino Zumalave, e solistas como Dmitri Berlinsky, Jonathan Gandelsman, Nurit Pacht, Eric Jacobsen, Adam Levine, Viacheslav Dinerchtein e Eldar Nebolsin. Ten recibido encomendas de Hilary Hahn, Felix Hell, o Verdehr Trio, Poulenc Trio, Consello Estatal de Nova York para as Artes, New Music USA, Michigan State University, Orquestra da RTVE, Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Galicia, Meet the Composer, Guernica Project, Festival Via Stellae, Fulbright Commission, Fundación Autor e Xacobeo Classics 2010, entre outros.

Festivais inclúen o Kölner MusikTriennale (Alemaña), Festival de Basse Navarra / Festival Internacional de Navarra (Francia e España), o Festival Internacional Prokofiev (Rusia), Macedon Music (Australia), Festival Internacional do Niágara (Canadá), Festival Internacional Camarissima (México), European Dream Festival, Composers Now, Queens New Music, e Southamptom Arts (EEUU), e Aremore, Vía Stellae, Espazos Sonoros, Clásicos en Verano, e Música en Compostela (España).

Graduado polo Conservatorio Adolfo Salazar, o Real Conservatorio de Madrid, o Peabody Conservatory e a Universidade de Maryland, deu conferencias e masterclasses na Manhattan School of Music, Mannes College, Hofstra University, Fordham University, Johns Hopkins University, University of Maryland, Salisbury University, and Texas Christian University (EEUU), Carlos III e Universidade Complutense (España), o XXXVII Congreso da Sociedade Internacional de Viola (Sudáfrica), e a Next Renaissance Conference (Países Baixos).

O doutor Vázquez é profesor de composición no Nazareth College de Rochester, e reside en Nova York dende 1999.