Ramón Pinheiro

Ramon_Pinheiro_web

Ramón Pinheiro Almuinha (1975, Vigo). Licenciado en Historia pola USC e Posgrao en Xestión de empresas na industria da música pola Universidad Pompeu Fàbra de Barcelona.

Foi socio-fundador e director artístico de Ouvirmos S.L, a 1a empresa especializada en patrimonio musical galego, así como da distribuidora musical Lonxa cultural S.L. entre outros proxectos desta índole. Dirixiu xunto co profesor da USC Javier Garbayo as dúas edicións do Curso de posgrao de “Especialización en Música Tradicional Galega” organizadas pola USC, (2003-2005) Na actualidade, exerce como director artístico de aCentral Folque – Centro Galego de Música Popular, proxecto continuista do Conservatorio de Música Tradicional y Folque de Lalín do que foi membro-fundador no ano 2000. As suas investigacións plasmadas en sendas monografías sobre a influencia da música galega en Cuba ou o repente (retórica improvisada), son algúns dos seus últimos traballos